O plan de todos para uns poucos.

Acercándose xa o prazo para acreditar que os fondos públicos do Estado, tamén chamados Fondos Estatais para o Emprego e a Sustentabilidade Local, foron realmente destinados a realizar o proxecto plantexado inicialmente. Toca facer balance deste goberno municipal do PP en Dozón.

Facendo memoria do 2010, xustificouse un diñeiro na realización de 4 proxectos valorados en 201.512,00€ que na maioría supostamente estaban executados no 2009 e rematados en decembro deste mesmo ano 2009 por un importe de 86.481,75€ (“pavimentacion calle en el lugar de iglesia” e “saneamiento en el lugar de iglesia-sixto”). Segundo dita o punto terceiro número 2 apartado f) da “Resolución de 11 de marzo de 2010, de la Secretaría de Estado de Cooperación Territorial, por la que se aprueban los criterios para disponer de los recursos librados y los requisitos de justificación de los proyectos de inversión y las actuaciones de interés social financiadas con cargo al Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Local, creado por Real Decreto-ley 13/2009, de 26 de octubre” é necesario enviar fotos do lugar para constatar que o proxecto non está xa realizado. As fotografías presentadas por parte do PP de Dozón a hora de solicitar ditos fondos, non se corresponden coa situación real do entorno no momento da solicitude (2010), se non que foron tomadas a comezos do 2009, cando se iniciaban as execucións dos proxectos do ano anterior, e non no 2010. A valoración desta re-financiación ascende a 100.142.55€. Ponde irían a parar?

As ditas fotografías enviadas o Ministerio para aprobar os 4 proxectos do 2010 son:

Fonte: http://ir.gl/f6944f

Deixando a parte as posibles irregularidades na solicitude, compróbase a picaresca que hai detrás do PP de Dozón e o modo de xestionar os fondos públicos. A maioría das obras proxectadas para o 2010 xa se remataron no 2009 como moi ben sabe a cidadanía. En vez de destinar o diñeiro (100.142.55€) a outras inversións públicas que valoren Dozón, supostamente duplica fondos a esas mesmas obras xa executadas (86.481,75€). Esperan a que haxa novas achegas económicas para crear unhas supostas facturas que xustifiquen un diñeiro novo que non se sabe para onde vai realmente. Lémbrese o diñeiro xustificado no campo de fútbol, o do polígono industrial, etc…que nunca tivo utilidade. O que saben os veciños e veciñas de Dozón é que pouco lles toca destas inversións e máis na re-crise económica e social que se está a padecer en todo Dozón. Que non se enganen aqueles que pensan que tamén se están a aproveitar desta situación. Son os máis afectados xa que teñen que render contas a longo prazo. Pódese dicir que é o imposto real pagado por uns ficticios privilexios que non van máis alá do Alto da Rocha. Se non se cambia o goberno do PP o Concello de Dozón está condenado a desaparecer.

Atendendo a finalidade para á que realmente foron estes fondos (201.512,00€) a incidencia na economía e de desenvolvemento social ó longo destes dous anos foi mínima. A poboación diminuíu neste último ano alcanzando un saldo vexetativo negativo, o número de vivendas de nova creación foi nulo, o número de persoas ocupadas tamén caeu bruscamente segundo o Instituto Galego de Estatística. Todos estes datos demostran unha pésima xestión dos recursos públicos por asentar poboación. Parece que pretenden por un lado desmantelar a institución sen ofrecer servizos nin obras públicas e por outro conservar a institución pública como instrumento de financiación para uns poucos amigos e familiares que as veces nin de Dozón son.

Os veciños e veciñas saben que cando hai achegas económicas por outras Administracións Públicas o PP de Dozón fai o posible para que cheguen a mans que nada fan por una adecuada xestión pública de todos e todas. Nos tempos que corren é lamentable que calquera cidadán teña que ir cunha man dando o voto ó PP e coa outra pedindo calquera servizo ou obra pública. Para iso están? Onde están as responsabilidades públicas propia ás autoridades de Dozón que de oficio lles corresponden? É a súa función de oficio mentres ocupan o cargo e non deberían estar a argallar supostos enriquecementos privativos a conta dunha institución pública.

Repoblar ata 2014-2016, e despois…?


Para estas datas tan especiais e festivas moitos pontevedreses e pontevedresas, segundo a Deputación de Pontevedra, xa poderíamos degustar un novo servizo tecnolóxico. Este servizo derrógase no tempo por imprevistos técnicos de instalación e retrasos burocráticos co cal haberá que esperar aos primeiros meses do novo ano 2011 para empregalo.
Durante estes meses estanse a producir charlas informativas en todas as capitais de cada concello para presentar un servizo que se vende a un baixo prezo e con unha alta calidade tecnolóxica segundo os expertos da propia compañía e do organismo público.
Mirando os pregos (técnicos e económicos) do proxecto adxudicado por parte da Deputación de Pontevedra observase que o prezo fixado de 17 euros (sen I.V.E.) ó mes por 1 mega de velocidade ten data de caducidade. Trátase dun servizo cun prezo perecedoiro. Como moi tarde para o 2016 este prezo xa non está vinculado a axuda co cal o máis seguro é que a empresa fixe outro acorde co mercado. Vamos, que os fondos da UE para este proxecto tan innovador no rural galego pode traducirse a efectos económicos nunha axuda á empresa explotadora das infraestruturas para expandirse na provincia de Pontevedra e un incentivo ós cidadáns para que contraten un servizo cun baixo prezo relativo a curto prazo sen ter garantías de manter ese mesmo prezo anunciado o cabo de seis anos.
Mentres outras compañías do sector perciben axudas públicas para dotar o servizo ó cidadán e custear a inversión inicial favorecendo un prezo de explotación base final baixo, independentemente da subvención obtida a posteriori, neste caso tamén se concede unha subvención no prezo final pero é temporal. A dedución da subvención non está fixada no prezo base do servizo senón a posteriori e só para catro anos e dous máis prorrogables, se as partes están de acordó. Co cal cando a Deputación de Pontevedra deixe de prestar fondos á empresa, esta fixará o prezo sen a subvención pública.
Como o inmediato e a curto prazo é o que vende, de seguro que a moitos non lles importará esta situación que agora se produce, pero políticamente falando unha boa xestión pública debe ir máis alá do inmediato e pensar nas xeracións futuras. Ou non..?
Tamén en: http://ir.gl/250c30 http://ir.gl/0086a0

Concurso Eólico. 3ª Parte

Para este vindeiro ano 2011 voltará haber un novo concurso eólico 2011 3ª parte…?Que responsabilidade xeral teñen os poderes públicos sobre a economía do noso País…?
En principio polos acontecementos acaecidos vese que pouca responsabilidade pública asumen. Só se responsabilizan de favorecer ó empresario que consideran como afín ós seus intereses. As normas establecidas baixo a democracia por medio dun Parlamento de cartón son trocadas cada día segundo a dirección dos ventos do capital amigo. Enténdase por dirección a común ou a particular.
Mentres o poder lexislativo se deixe dominar polos corvos máis insolidario e aproveitadores dos recursos naturais do noso País, este nunca chegará a ser “…” (cada lector, segundo considere, baixo a súa conciencia interna, poñerá os atributos de País que quere). O meu é responsábel, solidario, participativo, sostíbel, ecolóxico, natural, produtivo, próspero, innovador, plural, integrador, propio, positivo,…

Visita Dozón

Sr. Aurelio Fernández Villaverde(http://www.lavozdegalicia.es/deza/2010/07/04/0003_8590563.htm), por nacer no concello de Dozón quero manifestarlle o meu desacordo coa súa carta en relación o Sr. Adolfo Campos Panadeiros. Este Sr. é rexedor de Dozón dende fai moito tempo pero non por iso se pode dicir que o fixo ben por Dozón. Tivo tempo de abondo para facer moito polo ben de todos neste concello pero ata hoxe só se dedica a facer o que lle interesa sen acordarse en ningún momento de que rexe un cargo público.
Aínda, a día de hoxe, non lle vin facer nada polo ben común. Iso si, algunha vez que outra, polo ben privado de algún veciño que se lle rende ós seus pés para pedirlle algún favor, si se moveu, pero sempre co voto na outra man. Se vostede considera que iso é facelo ben estará a falar de épocas caciquís e non de tempos democráticos, no que a transparencia e o ben común deberían estar no interese de todos os políticos.
Os veciños e veciñas de Dozón que apoian ó Sr. Adolfo Campos Panadeiros & Cia., eleccións tras eleccións, fano por que están acostumados os favores privados dende un cargo público a cambio do seu voto. Aínda que esta é a forma primitiva de gañar eleccións segue a ser a práctica habitual neste concello do interior de Galiza. Mentres non se rexenere socialmente este comportamento, pode haber novos candidatos, ata do mesmo PP, máis idóneos que Adolfo Campos Pandeiros & Cia., que o poder municipal seguirá a funcionar coma ata o de agora coa súa actividade caciquil.
Esta persoa non gaña as eleccións por facelo ben senón por ter o control daqueles que viven a conta del, sexa por medio das súas empresas ou pola relación interesada e vencellada ó concello.
Para demostrarlle que non comparto as súas afirmacións invítoo a que faga unha excursión polas aldeas de Dozón e descubra por si mesmo a situación real deste actual concello de Galiza. Para coñecer o nome de cada aldea debería preguntar a xente do lugar xa que algúns dos rueiros ou están mal indicados, xa que non seguen o nomenclátor oficial, ou non existen indicacións.
Algunha das carencias que existen a día de hoxe son os sumidoiros en todos os lugares, recollida de lixo selectivo, en especial os das explotacións gandeiras. En todos os lugares, as augas residuais son vertidas a rúa sen haber ningunha depuradora que controle este tipo de residuos. Tampouco hai transporte público –en especial para a xente que carece de vehículo propio-, nin se mellora o servizo de atención a domicilio e axuda ós maiores. Tratándose dun concello agrario carécese de servizo de atención ós gandeiros (oficina agraria municipal con xente cualificada) e tamén carécese dunha mellora de camiños e rueiros nas zonas poboadas. Débese esperar a uns meses antes das próximas eleccións municipais para ver algún que outro camiño arranxado pola empresa que sempre fai as obras municipais. O solo industrial para ofrecer ás empresas que non están vencelladas o rexedor, co fin de crear postos de traballo, non existe. Tampouco existe un acceso a Ourense pola autoestrada dende Dozón. As instalacións deportivas, biblioteca e gardería son demandas que quedan a anos luz debido a nula bondade política por asentar poboación en Dozón. Iso si, existe un tanatorio que o rexedor considera unha obra fundamental hoxe en día para servir a cidadanía.
Todas estas demandas e as que quedan por citar son carencias municipais que un rexedor debería ter en conta e solucionar se realmente lle interesa a xestión pública dun concello. Reactivar a poboación e a idea de crear futuro en Dozón son estratexias moi caducas para os gobernantes actuais deste concello dezao. De seguro que por parte da alcaldía dise que non hai fondos para todas estas demandas sociais por ser un concello pequeno e que é difícil reactivar a natalidade de aí que se opte por ter un tanatorio.
Por parte do Sr. Adolfo Campos Panadeiros & Cia. non se ve ningún tipo de interese nas xestións públicas, trátase dun concello que está abandonado de toda responsabilidade pública.
Cando se abandonan as funcións públicas desta maneira sempre aparecen as veciñas institucións municipais da comarca a ofrecerse para tomar as rendas e poder subordinar as competencias municipais por medio da fusión ou absorción de concellos. Tempo ó tempo verase o dito. Ou non?

Tamén en:http://www.lavozdegalicia.es/deza/2010/07/07/0003_8595267.htm

O gato tras o rato e o queixo podrecendo

A solución ós problemas do sector lácteo non é doada e moito menos sen ter unha proposta unida e sensibilizada dende o propio sector.  O primeiro a considerar  no discurso das negociacións é empregar o termo empresario ou empresaria para referirse ós distintos gandeiros e gandeiras. Utilizando este termo xa se está camiñando en positivo e cun propósito claro que é revalorizar o sector lácteo amosando un enfoque máis profesional e non de esmorga ou subsistencia.

Todos e todas temos claro que o sector está en crise non só dende hai un ano senón dende hai décadas. Esta crise nunca se entendeu como sinal para realizar cambios senón como conxuntura pasaxeira pero que sempre a temos aí. Cambiando este modo de ver  a crise por outro no que a crise se entenda como oportunidade de cambio estrutural, xa teríamos dado un paso moi avanzado para saír dela. O cambio estrutural pasa por entender un sector lácteo sen subvencións e si con moita financiación baixo criterios e condicións responsables que garanten unha maior produtividade e unha maior calidade das distintas materias primas a producir para os distintos mercados.

A revaloralización do sector lácteo non só é tarefa dos propietarios das explotacións senón de todas e cada unha das distintas Administracións Públicas. Estas teñen a obriga de facilitar que este cambio estrutural se produza canto antes e o máis axiña posible para non quedar á cola no desenvolvemento da economía agraria. De non tomar o asunto en serio e con responsabilidade o tempo soe ser o adversario a temer.   Mentres se continúe achacando o problema a outros e non se mire a un mesmo, segundo a responsabilidade e capacidade que posúa para actuar, estase a seguir perdendo oportunidades e non ser o primeiro en tomar unha medida en positivo para o sector. Volvo a dicir que do problema  e imposible saír mentres non se asuma como propio de cada unha das partes afectadas.

Para gobernar de forma adecuada hai que contar coas distintas diverxencias  e converxer con todas elas cara un punto común. Para ser líder e encabezar este cambio estrutural no sector agrario é necesario unir esforzos con valentía e non esconderse da chave da posible solución. Hai solucións, o caso é o grao de esforzo en buscalas.               

Os seguintes enlaces amosan o que non se debe facer, de aí o título deste comentario:

http://www.lavozdegalicia.com/deza/2010/03/18/0003_8362098.htm

http://www.lavozdegalicia.es/deza/2010/03/19/0003_8364583.htm